PROXECTO EUROPEO ERASMUS + "ENTRANDO NA ECONOMÍA GIG"

O CONCELLO DE VEDRA SOCIO DO PROXECTO EUROPEO ERASMUS + . ENTRANDO NA “ECONOMÍA GIG”

O Concello de Vedra segue apostado polo emprendemento xuvenil e neste caso participa como socio, xunto con outros 3 países no proxecto “Entering the gig economy” co que se pretende crear alianzas para abordar os riscos e oportunidades do emprego autónomo e formar á mocidade que queira entrar neste mercado.

En outubro de 2019, organizacións de distintos países de Europa reuníronse en Carlingford, Irlanda, para poñer en marcha este proxecto de dous anos e medio de duración.

Liderado polo Consello do Condado de Meath (Irlanda), o consorcio facilitará o impulso do coñecemento sobre a emerxente “Economía Gig” e compartirá, debaterá e desenvolverá métodos efectivos para abordalo. Ademais de concienciar e poñer en contacto a todas as partes interesadas na materia (entidades formativas, Administracións Públicas e mercado laboral), os socios desenvolverán e dirixirán un programa de formación profesional para a xuventude e os máis afectados polo mercado laboral da “Economía Gig”.

Ademais do Consello do Condado de Meath, socio líder, e de socio rexional de Irlanda, WIN Consulting, tamén forman parte do proxecto as seguintes entidades e países europeos: a universidade VET Friesland College e a Fundación Learning Hub Friesland, dos Países Baixos, o Concello de Vedra e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias AGACA, de España, e a Municipalidade de Capannori e a axencia formativa Formetica, de Italia.

Máis información vía Concello de Vedra- Vanessa Crespo 981 814 612 vanessa.crespo@concellodevedra.com e AGACA- Ruth R. Ferreiros 981584783 rferreiros@agaca.coop

Pie de foto: o consorcio do proxecto “Entrando na Economía Gig” durante a reunión de lanzamento, en Carlingford, Irlanda.