Rehabilitación e equipamento coche motor Renfe e inclusión tecnolóxica para centro de coworking cofinanciado polo FEADER

O proxecto “REHABILITACIÓN E EQUIPAMENTO DE COCHE MOTOR RENFE E INCLUSIÓN TECNOLÓXICA PARA DEDICALO A UN CENTRO DE COWORKING” foi presentado no Agader polo Concello de Vedra, a través do GDR 19-Terras de Compostela, dentro da Medida Leader do PDR de Galicia 2014-2020, pertencente á convocatoria 2017-2018 e submedida 19.2.

O GDR 19 – Terras de Compostela- adxudicou este proxecto, dentro dos proxectos non produtivos presentados nesta convocatoria, e será cofinanciado por Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) co fin de promover o desenvolvemento local en zonas rurais.

O proxecto forma parte do proceso de recuperación e posta en valor de toda a estación de ferrocarril de Santa Cruz de Ribadulla e os espazos que a compoñen. Rehabilitando a Casa da Estación coa finalidade de habilitar un espazo para a celebración de cursos de formación e pequenos seminarios.

O proxecto vaise levar a cabo nos concellos que se inclúen dentro do ámbito de actuación dos Grupos de Desenvolvemento Rural- Terras de Compostela: Ames, A Baña, Brión, Boqueixón, Negreira, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Os obxectivos que se perseguen co proxecto son os seguintes:

  • Fomentar o emprendemento, o asociacionismo, cooperativismo e traballo en rede.
  • Favorecer a comunicación, intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo.
  • Fomentar e aproximar o uso das TIC´s .
  • Promover a mellora social.
  • Favorecer a conservación do medio ambiente e a eficiencia enerxética.
  • Por en valor o patrimonio natural.
  • Por en valor, promover e divulgar os recursos do territorio.
  • Asentamento poboacional.
  • Crear un modelo de traballo transferible ao resto de Galicia e/ou Estado Español.