INFORMACIÓN PROGRAMA CORRESPONSABLES CONXUGA
LUDOTECA E MADRUGADORES
Setembro 2025 a xuño 2026
Prazo de solicitudes: Do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2025, ambos incluídos.
Documentación:
EXPEDIENTES DE RENOVACIÓN:
No caso de que o/a menor estivera xa inscrito no programa corresponsables CONXUGA curso escolar 2024/2025 ou na modalidade de ludoverán 2025 só será necesario presentar xunto a solicitude a seguinte documentación:
- Formulario de solicitude do servizo: FORMULARIO CURSO ESCOLAR
- Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2024) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
- A documentación que acredite variación ou actualización de circunstancias persoais, laborais ou sociais, alegadas anteriormente.
EXPEDIENTES DE NOVO INGRESO:
Para as novas inscricións, as solicitudes deberán acompañarse dos seguintes documentos:
- Formulario de solicitude do servizo: FORMULARIO CURSO ESCOLAR
- Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do/a menor do Rexistro civil.
- Informe da vida laboral actualizado, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
- Declaración de IRPF do último exercicio fiscal (exercicio 2024) ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala, de ambos proxenitores/as ou titores/as legais.
- Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
- Título de familia numerosa, no seu caso.
- Certificado de monoparentalidade, no seu caso.
- Certificado situación de dependencia de grao II ou III de algún membro da unidade familiar, no seu caso.
- Outra documentación que sexa necesario aportar no caso de circunstancias excepcionais.
Lugares de presentación:
- Na sede electrónica do Concello de Vedra: https://sede.vedra.es/sxc/gl/
- De forma presencial no Concello de Vedra (horario de 9 a 14 horas)
- En calquera rexistro público, de acordo co establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2025, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Normativa: Ordenanza fiscal núm. 22, reguladora da taxa pola prestación do servizo do Programa Municipal de Conciliación CONXUGA do Concello de Vedra (BOP A Coruña núm. 156, do 21.09.2020 e a súa modificación no BOP A Coruña núm. 157, do 19.08.2022)
Máis información: Servizos sociais comunitarios 981 81 46 93 e 699 041 486