TABOLEIRO DE AXUDAS

CONVOCATORIA DE AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA INFRAESTRUTURAS LOCAIS

DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

Convocatoria

Concesión de axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), convocatoria en concurrencia competitiva para os anos 2026, 2027, 2028 e 2029.

Obxectivos

Financiamento de proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o contorno das empresas e das persoas consumidoras, e a modernizar e desenvolver a base industrial.

Entidades beneficiarias:

Pequenas e medianas empresas (pemes):
a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en Galicia.
b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 20 % dos investimentos subvencionables, xa sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e/ou un centro de traballo en Galicia. O centro de traballo poderá ser a propia infraestrutura que se vai crear.

Gastos subvencionables:

Investimentos en activos fixos que correspondan de forma indubidable á infraestrutura subvencionada:
a) Obra civil: acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras vinculadas ao proxecto, levadas a cabo en terreos propiedade do solicitante, ou sobre os cales o solicitante teña un dereito de superficie, concesión administrativa ou dereito de explotación similar cunha vixencia mínima de cinco (5) anos, contados desde a data da posta en marcha da infraestrutura.
b) Adquisición de terreos, edificacións ou construcións por un importe que non exceda o 10 % do investimento total subvencionable.
c) Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.
d) Outros investimentos en activos fixos materiais, incluído o mobiliario.
e) Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo.
f) Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados e sempre que o arrendamento teña unha vixencia mínima de cinco (5) anos contados desde a data de posta en marcha da infraestrutura.

Contía da subvención:

O importe subvencionable calcularase como a diferenza entre os investimentos subvencionables e o beneficio de explotación ao longo do período de explotación do negocio e non poderá superar os 5.000.000 €. A axuda acadará a intensidade do 80 % sobre o importe subvencionable, polo que non poderá superar os 4.000.000 €

Prazo:

Prazo de presentación de solicitudes: 21/04/2026 00:00 - 22/06/2026

 

Documentación e bases:
 

Bases reguladoras
BDNS 
Sede electrónica 

CONVOCATORIA REDE CULTURAL 2026. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Orde da convocatoria

ORDE do 19 de decembro de 2025

Obxecto

contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos nosos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero

BOP

BOP Núm. 243. Venres 19 de decembro de 2025

Ligazón ao BOP

     PREMENDO AQUÍ 

Prazos:

Os prazos desta convocatoria serán os seguintes:

Primeira fase: inscrición de espectáculos

· Inicio: 8 de xaneiro de 2026, ás 00:00 horas

· Fin: 29 de xaneiro de 2026, ás 14:00 horas

Segunda fase: solicitude de espectáculos

· Inicio: 6 de marzo de 2026, ás 00:00 horas

· Fin: 20 de marzo de 2026, as 14:00 horas

Terceira fase: resolución

A resolución de adxudicación dos espectáculos, no caso dos concellos, realizarase antes do 8 de abril de 2026, e no caso de entidades, antes do 15 de maio de 2026.

Cuarta fase: desenvolvemento da programación

· Inicio: 1 de xaneiro de 2026

· Fin: 31 de marzo de 2027

Quinta fase: Acreditación de realización das funcións para o pagamento da achega provincial

· Inicio:

 Concellos: o día seguinte ao da sinatura dos convenios

 Entidades: o día seguinte ao da publicación da resolución de adxudicación no BOP

· Fin: 15 de maio de 2027