VEDRA COAS LETRAS GALEGAS

A XANELA DA LINGUA...

Cada ano, dende 1963, a Real Academia Galega (RAG) rende homenaxe cada 17 de maio á literatura galega.  Escolleuse esta data pois nela conmemorouse os 100 anos da publicación de “Cantares Galegos” de Rosalía de Castro.

Nesta 60 edición  o protagonista é Francisco Fernández del Riego tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor.Vedra non podía faltar nesta conmemoración, por iso compartimos todas as propostas arredor desta data tan sinalada...

SERÁN DAS LETRAS 2023... DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO

Como cada ano esta asociación cultural conmera o Día das Letras Galegas cunha completa programación:

** O VIII Concurso "SERÁN DAS LETRAS". Bótalle un ollo ás súas bases incluidas nos arquivos deste espazo.

** O IX SERÁN DAS LETRAS:

DATA: O sábado 27 de maio

PROGRAMA:

- Ás 20 horas "Acto de homenaxe adicado a Francisco Fernández del Riego"

- Ás 20:30 horas "Serán Foliada"

** EXCURSIÓN Á ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME

DATA: o mércores 17 de maio 

INSCRICIÓNS: Antes do 10 de maio coa xunta directiva ou no whatssap 649864269

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA

DATA: O domingo 14 de maio ás 19:00 h.

Programa:

  • Actuación do Coro de Habaneras “Rocha Forte”
  • Actuación da Coral da Terceira Idade de Vedra

“VEDRA MEDRA”  DO CPI DE VEDRA COAS LETRAS GALEGAS EN LOURENZÁ

Como ben sabemos o  Día das Letras Galegas dedícaselle este ano 2023 ao laurentino Francisco Fernández del Riego. Por este motivo, Vedra medra co alumnado de 3.º ESO desprazouse á Mariña lucense para visitar a vila natal do escritor, Vilanova de Lourenzá. 

Alí, da man do servizo de turismo do concello, realizouse unha visita cultural guiada.

Os centros de interese sobre os que xirou a visita foron:

- A exposición “110 anos de Del Riego

- A proxección do audiovisual “D. Paco volve a Lourenzá”.

- Percorrido por Vilanova coa axuda da audioguía “Vilanova de Lourenzá vista por don Paco”.

- Visita ao Centro de Interpretación da Faba, produto local con denominación de orixe.

- Percorrido na mostra de xoguetes tradicionais que se pode ver nun local sito na praza de César Chavarría. Esta mostra recolle os traballos feitos e publicados polos laurentinos Manuel García e Xosé López sobre o mundo lúdico tradicional.

Xúntanse na sala con textos de don Paco en que recorda os xoguetes cos que el e os seus amigos xogaban na Vilanova da súa infancia.

Dende o Programa Vedra Medra lembran que este curso 22-23, o seu proxecto chámase O Camiño tamén dá xogo, e Lourenzá agasallolles dobremente ao poder participar na dita mostra e ao ser concello, coma Vedra, polo que pasa o Camiño.

- Para rematar o día, visita ata A Pontenova para coñecer o seu patrimonio histórico-industrial.

Xunto ás de Viveiro, as minas de ferro deste concello foron na 1.ª metade do século XX unhas das máis grandes de Galicia. Da súa explotación, entre os anos 1901 e 1965, quedan numerosos restos patrimoniais que se converteron en verdadeiros sinais de identidade: os cinco fornos de fundición, a estación de ferrocarril ou a senda verde que discorre polo trazado da liña ferroviaria que unía a vila co porto de Ribadeo.