A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
BÓTALLE UN OLLO A TODA A INFORMACIÓN PREMENDO AQUÍ
Programación arredor das Letras Galegas 2025 en Vedra:
LETRAS GALEGAS NO FESTIVAL M.A.R.C.O. 1. CONCERTO "MÚSICAS DE RÁIZ" CON ODAIKO VENRES 9 DE MAIO ÁS 22:30 H. NO CAMPO DA FESTA DE SAN PEDRO DE SARANDÓN 2. MÚSICA DE TRADICIÓN – AS LETRAS GALEGAS SÁBADO 10 DE MAIO ÁS 21:30 H. NA NAVE DA ESTACIÓN DO TREN DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA Pandeireteiras Campiñas (A.C. SAN CAMPIO) PandeireteirasSilandeira Esperanza Mara (música e literatura) Foliada aberta |
POESÍA POPULAR ORAL CON… ASOC. RAICEIROS CPI PLURILINGÜE DE VEDRA: 12 DE MAIO CEIP ORTIGUEIRA: 20 DE MAIO Exposición Cántigas da Ulla Proxección do audiovisual “Coplas Ulláns – Cántigas da Ulla” Caderno de campo “Ulla Oralmente” |
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS “Especial, 20 anos da coral” SÁBADO 31 DE MAIO ÁS 19:00 H. Pandeireteiras Dedaleiras, Asoc. Cultural San Campio Coral Polifónica Marusía (Bueu) Coral Polifónica Municipal de Riveira Coral da Terceira Idade de Vedra Colabora: FECOGA |
AS LETRAS GALEGAS COA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO X CONCURSO SERÁN DAS LETRAS Cartel + bases nesta sección. EXCURSIÓN A RAIGAME Unha proposta que cada ano achega Vedra a Vilanova dos Infantes en Celanova Ourense. Para participar é obregado inscribirse antes do 10 de maio coa directiva da cultural ou no whatsapp 642 207 012 XI SERÁN DAS LETRAS
|
SESIÓN DE CONTACONTOS "Contos para bebés con CAXOTO" Venres 13 de xuño ás 11 horas na E.I.M. de Vedra |