LETRAS GALEGAS 2025.VEDRA

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval. Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre. 

BÓTALLE UN OLLO A TODA A INFORMACIÓN  PREMENDO AQUÍ 

Programación arredor das Letras Galegas 2025 en Vedra:

LETRAS GALEGAS NO FESTIVAL M.A.R.C.O.

1. CONCERTO "MÚSICAS DE RÁIZ" CON ODAIKO

VENRES 9 DE MAIO ÁS 22:30 H. NO CAMPO DA FESTA DE SAN PEDRO DE SARANDÓN

2.  MÚSICA DE TRADICIÓN – AS LETRAS GALEGAS

SÁBADO 10 DE MAIO ÁS 21:30 H. NA NAVE DA ESTACIÓN DO TREN DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

Pandeireteiras Campiñas (A.C. SAN CAMPIO)

PandeireteirasSilandeira

Esperanza Mara (música e literatura)

Foliada aberta

 

POESÍA POPULAR ORAL CON…  ASOC. RAICEIROS

CPI PLURILINGÜE DE VEDRA: 12 DE MAIO

CEIP ORTIGUEIRA: 20 DE MAIO

Exposición Cántigas da Ulla

Proxección do audiovisual “Coplas Ulláns – Cántigas da Ulla”

Caderno de campo “Ulla Oralmente”

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

“Especial, 20 anos da coral”

SÁBADO 31 DE MAIO ÁS 19:00 H.

Pandeireteiras Dedaleiras, Asoc. Cultural San Campio

Coral Polifónica Marusía (Bueu)

Coral Polifónica Municipal de Riveira

Coral da Terceira Idade de Vedra

Colabora: FECOGA

 

AS LETRAS GALEGAS COA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN CAMPIO

X CONCURSO SERÁN DAS LETRAS

Cartel + bases nesta sección.

EXCURSIÓN A RAIGAME 

Unha proposta que cada ano achega Vedra a Vilanova dos Infantes en Celanova Ourense.

Para participar é obregado inscribirse antes do 10 de maio coa directiva da cultural ou no whatsapp 642 207 012

XI SERÁN DAS LETRAS

 

 

SESIÓN DE CONTACONTOS

"Contos para bebés con CAXOTO"

Venres 13 de xuño ás 11 horas na E.I.M. de Vedra