O pasado venres inaugurouse en Xinzo de Limia o Museo Galego do Entroido que permitirá mellorar a difusión e coñecemento dos Entroidos galegos, entre eles o Entroido dos Xenerais do Ulla.
Museo Galego do Entroido
LETRAS GALEGAS 2025.VEDRA
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva, como xa se fixo na elección dos trobadores da ría de Vigo en 1998, cos que se rendeu homenaxe á poesía medieval.
CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO
* Convocatoria proceso de selección de 1º oficial de 2ª albanel (Contrato de substitución)
* Nesta sección atoparás:
- Convocatoria e bases do Proceso de Selección de 1º oficial e 2º albanel (Contrato de substitución).
- Anexo I: Modelo de solicitude (formato editable)
CAMPAMENTOS DE VERÁN
- CAMPAMENTOS DE VERÁN 2025
Co obxectivo de facilitarlle á rapazada a participación en actividades socioeducativas, deportivas e de tempo libre, o Concello de Vedra oferta as prazas para os Campamento de Verán 2025 en colaboración co Concello de Boqueixón.
- Minicampamento de aventura (Camping Cachadelos)
Datas: do 30 xuño ao 3 de xullo (4 días, 3 noites)
Destinatarios/as: nados/as: 2014, 2015 e 2016