XESTIÓN DE BIOMASA NAS LIÑAS DE DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA

Infórmase a toda a veciñanza de que U.D.E.S.A (Unión Distribuidores Electricidad, SA) comunicou que, en cumprimento da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, realizará en vindeiras datas os traballo de xestión da biomasa na franxa de 5 metros dende a proxección dos condutores eléctricos máis externos.

XXX XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA. 2026

 PLANTACIÓN CONMEMORATIVA DE CAMELIAS NA AVDA MESTRE MANUEL GÓMEZ. SÁBADO 28 DE FEBREIRO

Acto en recordo a Jesús Barral Albela nos 10 anos do seu pasamento e a actuación do grupo de Pandereteiras Silandeira

BOLETÍN FEBREIRO 2026

AXENDA ENTROIDEIRA. 2026

* EN SAN MIGUEL DE SARANDÓN. O sábado  24 de xaneiro 

Percorrido pola parroquia e  reunión da comitiva no Campo da Festa cos tradicionais atranques dxs Xenerais da Ulla.

* EN SAN PEDRO DE VILANOVA. O sábado 7 de febreiro

Percorrido pola parroquia e  reunión da comitiva no Campo da Festa cos tradicionais atranques dxs Xenerais da Ulla.

* BAILE DE DISFRACES DA 3ª IDADE DE VEDRA. O venres 13 de febreiro

A partir das 19 horas  no Centro Socio Cultural de Vedra

Pages