O Departamento de Cultura do Concello de Vedra quere coñecer o grado de interese das familias para participar da actividade de inglés no vindeiro curso.
É importante que as persoas interesadas cubran o seguinte FORMULARIO ANTES DO 15 DE XUÑO.
De continuar a actividade o prazo de formalización de matrículas será en setembro ao igual que o resto e daríanse a coñecer as súas características no Folleto de Actividades que se publicitará en xullo.
** OLLO: a actividade desenvolveríase na tarde de luns e/ou mércores.
Segundo as cifras desta enquisa tomarase a decisión de darlle continuidade á actividade.