ESCOLA MUNICIPAL DE INGLÉS CURSO 25-26

O Departamento de Cultura do Concello de Vedra quere coñecer o grado de interese das familias para participar da actividade de inglés no vindeiro curso.

É importante que as persoas interesadas cubran o seguinte FORMULARIO    ANTES DO 15 DE XUÑO.

De continuar a actividade o prazo de formalización de matrículas será en setembro ao igual que o resto e daríanse a coñecer as súas características no Folleto de Actividades que se publicitará en xullo.

** OLLO: a actividade desenvolveríase na tarde de luns e/ou mércores.

Segundo as cifras desta enquisa tomarase a decisión de darlle continuidade á actividade.