** COMO PRESENTAR A TÚA RECLAMACÓN NO TRANSPORTE METROPOLITANO:
Repasamos as catro maneiras posibles:1.- En primeiro lugar, os autobuses teñen a obriga de ter unha folla de reclamacións podendo deixar constancia nela a queixa.
Que pasa se non a teñen? Pois aparte de que é un feito que se pode denunciar e sancionar, na Estación de Autobuses na oficina de Monbus igualmente teñen a obriga de telo e poder deixar alí a nosa reclamación.
2º.- Tamén podemos e debemos poñer a reclamación directamente en Mobilidade a través do enderezo electrónico: mobilidade.coruna@xunta.gal
Esta maneira ten a vantaxe de que Mobilidade é coñecedora de primeira man dos feitos e de forma inmediata da reclamación. É importante poñer sempre o día, a liña e a frecuencia onde se produce a incidencia (por exemplo: “liña Cruce de Sarandón-Santiago”, sendo xoves 1 de maio ás 16:55 horas).
3º.- Igualmente a través do rexistro do Concello ou do rexistro xeral da Xunta da Galicia, utilizando o modelo xenérico PR004A.
4º.- En último lugar, as operadoras tamén teñen as súas caixas de correos ou correos electrónicos de reclamacións, pero aconsellamos utilizar previamente os anteriores medios.
Dentro da relación e o marco contractual da Xunta de Galicia cos operadores do Transporte Metropolitano INFORMAMOS
que dende o vindeiro luns 17 de febreiro producense os seguintes AXUSTES HORARIOS en 9 das 67 expedicións diarias que hai no Concello de Vedra.
| Código da Expedición | Percorrido | Hora Actual | Hora Nova | 
| XG80702801001 | San Mamede-Santiago | 7:20 | 7:15 | 
| XG80702601001 | Santiago-Cruce de Sarandón | 9:00 | 9:30 | 
| XG80702601003 | Santiago-Cruce de Sarandón | 12:00 | 11:45 | 
| XG80702601004 | Cruce de Sarandón-Santiago | 13:35 | 13:20 | 
| XG80703101001 | Merín-Santiago | 13:45 | 13:00 | 
| XG80703001003 | Santiago-Penelas-Cibrán-Santiago | 14:25 | 15:15 | 
| XG80702702005 | Santiago-Cruce de Fontao - Vedra | 14:30 | 15:08 | 
| XG80702501001 | Santiago-San Mamede-Trobe | 15:05 | 15:25 | 
| XG80702601005 | Santiago-Cruce de Sarandón | 15:10 | 15:25 | 
Igualmente informamos que a ruta XG80744 “Sarandón-Pontevea-Sarandón”, "cunha media de 0.45 persoas usuarias por expedición no ano 2024", pasará a ser íntegramente A DEMANDA.