NADAL 2025

Nesta sección tes a programación completa para o NADAL 2025.

NADAL MUNICIPAL

  • Concurso de Tarxetas de Nadal.​                

Aberto o prazo de participación ata o 5 de decembro. A Bases do Concurso dispoñibles nesta sección.

  • Visita de Papá Noel na comunidade educativa.

 Datas acordadas cos centros interesados.

  • Bingo Especial de Nadal. Xoves 11 de decembro ás 20:00 horas

No Centro Sociocultural de Vedra

  • Baile – Merenda de Nadal e Fin de Ano. Venres 19 de decembro ás 19:00 horas

No Centro Sociocultural de Vedra

Prezo: 15 €/ persoa

Concurso de Miss e Míster elegancia, badaladas,...

** É preciso retirar tícket na Cafetería antes do 17 de decembro

  • Ludonadal 2025. Do 22 de decembro ao 7 de xaneiro.

Durante as vacacións de Nadal a ludoteca abrirá as súas portas en horario de mañá, agás os días festivos que permanecerá pechada.

  • Festival de Nadal de  Corais.  Domingo 21 de decembro ás 18 horas

No Centro Sociocultural de Vedra.

Coa Coral Polifónica Trasdeza de Silleda e a Coral da Terceira Idade de Vedra.

  • Presentación do libro infantil “Sansón o último salmón”. Luns 29  de decembro ás 17:00 h.

Autor: Ramón Blanco Calvo (veciño de San Xián de Sales)

Ilustracións: Teresa Tato Cabaleiro (veciña de San Miguel de Sarandón)

Esta iniciativa desenvolveuse no marco do Programa de Voluntariado Interxeracional do Concello de Vedra.

A cativada asistente será agasallada cun exemplar!

  • Visita dos Reis Magos a Vedra. Luns 5 de xaneiro de 17:00 a 19:00 horas.

No Centro Sociocultural de Vedra, con animación musical con “Peque Disco Moc Moc” Chocolatada e sorpresas!

NADAL ASOCIATIVO...

* Concerto de Nadal organizado pola Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla

Sábado 13 de decembro ás 19:00 horas na Igrexa Parroquial de Santa Cruz de Ribadulla

Programa:

          - Coral Polifónica A Torre de Maside (Ourense)

          - Coral Polifónica de Campo Lameiro (Pontevedra)

           - Coral Polifónica de Santa Cruz de Ribadulla. (Vedra)

* Festival de Nadal da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla

Domingo 14 de decembro ás 17:30 horas na Casa da Cultura de Santa Cruz.

* Audicións en familia coa Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla Concello de Vedra.

18 e 19 de decembro ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Santa Cruz.

* Cantarelas de Nadal da Asociación Cultural San Campio.

Sábado 20 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón.

E ás 21:00 horas “Festa de Fin de Ano” con badaladas, cotillón, música con DJ Xarly e cantina!!

* Concertos coa Asociación “A  Casa da Irmandade”

Sábado 20 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Irmandade.

Coas actuacións de: Bastardos de Rivera //  Eme Punk Torra Joy //  Eskravos //  Kondusión Kolérika //  Patrik´s Nomine  //  SudordoTractorista

* Xantar de Nadal da Asociación da Terceira Idade do Burgo

Domingo 21 de decembro no Hotel Congreso.

Reservas no teléfono 639 811 666

* Concerto de Nadal da Banda de Música Santa Cruz de Ribadulla na Casa da Cultura.

Domingo 28 de decembro ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Santa Cruz.

          Tradicional concerto dirixido polo mestre Alejandro Cimadevila