POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE VEDRA

Solicitude de concesión anual a clubes deportivos para práctica de actividade deportiva regular (adestramentos e competicións federadas) a clubes deportivos para a tempada 2025- 2026

Prazo de solicitude: Aberto do 1ao 15 de xullo.

Presentación do documento adxunto 

BOLETÍN XULLO-AGOSTO 2025

CORRENTES DO ULLA

Unha iniciativa conxunta dos concellos de Vedra e Boqueixón que acolle sete actividades co río Ulla como eixo central e que inclúen piragüismo, rutas de sendeirismo e fotográfica, rutas para descubrir o patrimonio oculto e un campo de voluntariado.

** DESCENSO DO ULLA

• Data: 28 de xuño.

• Percorrido: Dende o Campo do río de Ponte Ledes­ma ata a Área de Recreo de Agronovo.

• Prezo: 30 € por persoa. (Inclúe Kaiak de 2 per­soas: chaleco salvavidas e seguro).

PISCINA. TEMPADA 2025

PISCINA MUNICIPAL  situada no lugar de Fornelos (Vedra).

Calendario: do 1 de Xullo ao 31 de agosto

HORARIO:  

-  de luns a venres de 15.00 h a 21.00 h.

- sábados, domingos e festivos de 16.00h a 21.00 h.

TARIFAS DA PISCINA MUNICIPAL DE VEDRA VERÁN 2025

1. ENTRADA A PISCINA SEN ABONO:

- Persoas empadroadas en Vedra:

*Menores de 6 anos: ENTRADA GRATÍS

*Maiores de 65 anos: 1,00 €

Páginas