PROGRAMA DE VOLUNTARIADO
INTERXERACIONAL
Está dirixido a xoves de 16 a 35 anos e persoas maiores de 55 anos. A acción voluntaria realízase por parellas, é dicir un mozo/a e un/ha maior. É un programa que busca unha aportación social e comunitaria importante para o territorio.
Ten por obxectivos xerais:
> Poñer en valor as aportacións das persoas voluntarias como recurso fundamental dentro da nosa comunidade.
> Promover accións interxeracionais que fomenten a relación entre distintas xeracións e o intercambio de coñecementos.
> Crear un programa para levar a cabo accións que poñan en valor o Concello de Vedra a nivel patrimonial, cultural e social.
Consta de tres liñas de acción:
LIÑA TURÍSTICA: Memoria viva: mostra de arquitectura, ruta arqueolóxica.
LIÑA AGROALIMENTARIA: Froitos da terra: camelia e vide.
LIÑA DE PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE: O Ulla vivo.
Conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude: proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2025
Anímate a participar!, chama ao 981814695 ou envía un correo a voluntariado@concellodevedra.gal