Aviso legal

O Concello de Vedra, a través da páxina Web con dominio concellodevedra.es pretende fomentar o acceso á información de interese xeral do municipio de Vedra.

A información facilitada é a vixente no momento da súa publicación.

O Concello de Vedra procura velar porque esta información sexa exacta e precisa, e procede á súa actualización coa máxima frecuencia posible, tratando de evitar erros e corrixíndoos tan pronto como se detectan. Con todo, o Concello de Vedra non pode garantir a inexistencia de erros nin que o contido da información se atope permanentemente actualizado.

O Concello de Vedra poderá efectuar, en calquer momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións, supresións ou actualizacións da información contida en concellodevedra.es ou na súa configuración ou presentación.

O acceso ao dominio concellodevedra.es, así como o uso da información que contén, son da exclusiva responsabilidade do usuario. O Concello de Vedra non é responsable de ningún prexuízo que puidese derivarse deses feitos, nin tampouco pode garantir que o acceso non se vexa interrompido ou que o contido ou software ao que poida accederse estea libre de erro ou de causar dano.

O Concello de Vedra non asume ningunha responsabilidade derivada das conexións ou os contidos das ligazóns a webs de terceiros que aparecen no contido da web concellodevedra.es.

O presente sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación, deseños, logotipos, texto e/ou gráficos, son propiedade do responsable do sitio web, atopándose protexido pola normativa nacional e internacional sobre propiedade intelectual e industrial. O acceso por parte do usuario ao sitio web non lle outorga ningún dereito de propiedade sobre os mesmos.

O uso de denominacións de terceiros atópase autorizado expresamente polos seus propietarios, polo que o prestador non se responsabiliza das controversias que sobre elas puidesen suscitarse respecto diso, procedendo á súa retirada inmediata tan pronto teña constancia fidedigna das mesmas.

Se ve no sitio web calquera contido que puidese vulnerar dereitos de propiedade intelectual e industrial, rogamos póñano en coñecemento do prestador con moita brevidade, remitindo un correo electrónico á dirección concellodevedra@concellodevedra.com