AXUDA DO FEDER PARA A MELLORA DA EIM DE VEDRA

A Consellería de Política Social concede ao Concello de Vedra unha axuda para o investimento na mellora das infraestructuras e do equipamento da Escola Infantil de Vedra, cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, cun importe de 19.209,96 €, coa seguinte desegregación:

1) Obras para a mellora das infraestructuras: 11.609,50 €

2) Adquisición de equipamento para as aulas: 4.771,96 €

3) Dotación de conexión á internete e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías nas aulas: 2.828,50 €

 

Para completar esta acción o Concello de Vedra debe facer a maiores as seguintes achegas:

1) Obras para a mellora das infraestructuras: 2.850 €

2) Adquisición de equipamento para as aulas: 1244,23 €

3) Dotación de conexión á internet e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías nas aulas: 737,50 €

Sumando a inversión total do proxecto os 24.041,69 €.