AXUDAS PARA O ESTUDO DO CONCELLO DE VEDRA CURSO 2026/2027 DESTINADAS A FAMILIAS VULNERABLES
Procedemento dispoñible na Sede Electrónica: PREMENDO AQUÍ
DESCRICION
O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria pública para a concesión de axudas de estudos destinadas a favorecer o acceso aos estudos nas etapas de infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional básica de familias en situación de vulnerabilidade do Concello de Vedra.
QUEN PODE SOLICITALA
Para ser persoa beneficiaria desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
- Cursar estudos nalgún dos seguintes centros de ensino para os que se solicita a axuda.
- INFANTIL E PRIMARIA: Todos os centros públicos do Concello de Vedra.
- ESO: CPI de Vedra.
- Formación Profesional básica: Calquera centro público de Galicia.
- BACHARELATO: Calquera centro público de Galicia.
- O alumnado con necesidades educativas especiais impidan a súa escolarización nun centro ordinario do municipio, poderá solicitar a axuda para a asistencia a un centro de educación especial de Galicia.
- A idade do alumnado estará entre os 3 e os 25 anos, ambos incluídos.
- Que a renda per cápita non supere os límites establecidos na base 6ª da presente convocatoria.
- A persoa solicitante e a persoa beneficiaria da axuda deberán estar empadroados/as no Concello de Vedra no momento de presentación da solicitude e ser fillo/a dependente economicamente.
- Cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- As axudas serán solicitadas polos representantes legais do alumnado: os pais/nais, titores/as e representantes legais. No caso de alumnado de entre 18 e 25 anos poderán facelo tamén as propias persoas beneficiarias.
COMO E ONDE FACER O PROCESO
- Sede electrónica do Concello de Vedra: PREMENDO AQUÍ
- Rexistro Xeral do Concello de Vedra, de luns a venres, en horario de atención ao público (de 9:00 a 14:00 horas).
- En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPACAP).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Aberto 20 DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia ( DO 15 DE XULLO AO 11 DE AGOSTO, AMBOS INCLUÍDOS)
DOCUMENTACION
• Anexo I - Solicitude
• Libro de familia ou certificado do Rexistro Civil do nacemento do alumnado.
• Declaración da renda correspondente ao último exercicio fiscal (declaración de IRPF 2025) ou certificado de imputacións de IRPF.
• Certificado ou xustificante da matrícula do curso escolar 2026/2027 expedido polo centro educativo ou resgardo de ter pagada a matrícula co selo bancario, de ser o caso, no que conste a identificación do alumnado e dos estudos.
• Xustificante bancario de pago de aluguer ou hipoteca e de titularidade do contrato correspondente, do domicilio habitual do/a beneficiario/a. Entenderase como domicilio habitual aquel no que o alumnado estea empadronado.
• Certificado de familia monoparental.
• Certificado de familia numerosa.
• Excepcionalmente, se a unidade familiar alega carecer de recursos, ou quere acreditar unha situación excepcional, imprevista ou de carácter de especial necesidade que afecte negativamente á situación familiar solicitarase informe do/da traballador/a social do departamento de servizos sociais comunitarios do Concello de Vedra.
• Sentenza de separación ou divorcio e convenio regulador no que se determine a custodia e a pensión de alimentos e gastos extraordinarios.
• Xustificante de titularidade de conta bancaria que deberá coincidir co nome da persoa solicitante.
• Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero.