CORRENTES DO ULLA
O Concello de Vedra conxuntamente con Boqueixón poñen en marcha o programa "Correntes do Ulla"
Unha iniciativa conxunta que inclúe catro actividades de piragüismo, pesca, senderismo e voluntariado ambiental abertas a toda a cidadania e relacionadas co río Ulla.
INSCRICIÓNS ABERTAS NAS SEGUINTES LIGAZÓNS:
DESCENSO DO ULLA.
Data: 9 de xullo
Percorrido: Desde as Illas de Gres (Ponteledesma) ata a Área de recreo de Agronovo..
Prezo 20€ por persoa. (inclúe piragüa de 2 persoas:chaleco salvavidas e seguro)
Observacións: poderán participar as persoas maiores de 13 anos con autorización.
Prazas limitadas.
Para inscribirte PREME AQUÍ
GOZA DO ULLA (ETAPA BOQUEIXÓN VEDRA)
DATA: 24 de xullo
PERCORRIDO: Saída ás 10 horas de Sucira (Ruta dos Pescadores) ata Agronovo (Ruta de San Xoán da Cova)
DISTANCIA: 10 km aprox.
Para inscribirte PREME AQUÍ
ESCOLA DE PESCA EN RÍO
Introdución ao mundo da pesca sostible e á concienciación coa natureza.
Imparte: David Arcay (campión do mundo de pesca de mosca)
Colabora: Federación Galega de Pesca
DATAS:
27 DE XULLO. Na Área de Recreo Agronovo. Para inscribirte PREME AQUÍ
28 DE XULLO. Na Área de Recreo de Sucira. Para inscribirte PREME AQUÍ