ENQUISA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ - PROXECTO EC4RURAL

O Concello de Vedra é un dos concellos pilotos neste proxecto europeo no que participan como socios a Universidade de Vigo e a FEGAMP, entre outros. O principal obxectivo é impulsar comunidades enerxéticas no ámbito rural, contribuíndo á transición cara as enerxías limpas.

 Para poder obter información da cidadanía dos municipios pilotos precisamos da vosa colaboración, polo que vos pedimos que cubrades a enquisa que figura PREMENDO AQUÍ