LUDOVERÁN 2025

PROGRAMA CORRESPONSABLES CONXUGA – MODALIDADE LUDOVERÁN 2025

PRAZO DE SOLICITUDES: Aberto do 1 ao 31 de maio de 2025  para presentar a solicitude de participación no servizo de conciliación LUDOVERÁN.

DOCUMENTACIÓN: No caso de que o/a menor estivera xa inscrito no programa corresponsables CONXUGA  (ludoteca e/ou madrugadores) no presente curso escolar 2024/2025;

NON será necesario presentar documentación xunto con esta solicitude, agás variación de circunstancias persoais, laborais ou sociais.

Para as novas inscricións, as solicitudes deberán acompañarse dos seguintes documentos:

  • Libro de familia ou certificado de inscrición de nacemento do menor do Rexistro civil.
  • Informe da vida laboral actualizado.
  • Declaración de IRPF do último exercicio fiscal ou certificado de imputacións de IRPF, no caso de non ter que presentala.
  • Certificado de empadroamento colectivo, en caso de menores non empadroado/as en Vedra.
  • Título de familia numerosa, no seu caso.
  • Certificado de monoparentalidade, no seu caso.
  • Certificado situación de dependencia de grao II ou III de algún membro da unidade familiar, no seu caso.

INFORMACIÓN XERAL:

  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa por prestación do servizo do programa municipal de conciliación CONXUGA do Concello de Vedra (núm. 22) e a súa modificación (BOP A Coruña núm. 156, do 21.09.2020 e núm. 157, do 19.08.2022)
  • Servizos sociais comunitarios: 981 81 46 93 ou 699 041 486

LUGARES ONDE PRESENTAR A SOLICITUDE:

  • Sede electrónica do Concello de Vedra: PREMENDO AQUÍ
  • Presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Vedra en horario de 9:00 a 14:00 horas
  • En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.