Proxecto Europeo Youthnest.Crea e actividade artesanal en Vedra

O Concello de Vedra está actualmente desenvolvendo xunto con outras cinco entidades socias o proxecto europeo YouthNest.crea: Incubadora transnacional de emprendemento creativo no rural europeo, integrado no Programa Erasmus +. Este proxecto, dirixido á xuventude, ten como un dos seus obxectivos principais fomentar o emprendemento no rural, potenciando as zonas rurais como escenario posible para a posta en marcha de ideas emprendedoras e creativas.

Un dos ámbitos profesionais que se pretenden potenciar é o da artesanía creativa no rural, con este fin queremos coñecer a todas aquelas persoas que se adiquen en Vedra á realización de traballos artesanais, tanto profesional como afeccionadamente, para poder analizar con eles as ameazas e oportunidades deste sector e coñecer tamén o seu traballo para poder potencialo dende o Concello.

Por este motivo, se te adicas a algunha actividade artesanal no termo municipal (non necesariamente de xeito profesional) pedímosche que te poñas en contacto con este Concello no teléfono 981814612 ou no enderezo electrónico: vanessa.crespo@concellodevedra.com para deste xeito informarte máis detalladamente do proxecto.