VEDRA CO POBO PALESTINO

O Concello de Vedra no pleno do 24 de setembro de 2025, por unanimidade e a iniciativa do BNG aprobou a seguinte declaración institucional:

“O Concello de Vedra recoñece oficialmente que en Gaza se está a cometer un xenocidio, e expresamos colectivamente a nosa solidariedade co pobo palestino.”

Igualmente acordou:

“Instar á Xunta de Galicia, ao goberno de España e á Unión Europea a adoptar medidas urxentes para deter esta situación e garantir responsabilidades internacionais”

Por outra banda  Vedra tamén acordou subscribir o manifesto da FEGAMP  sobre a situación  en Gaza. (dispoñible nesta sección)