O Concello de Vedra no pleno do 24 de setembro de 2025, por unanimidade e a iniciativa do BNG aprobou a seguinte declaración institucional:
“O Concello de Vedra recoñece oficialmente que en Gaza se está a cometer un xenocidio, e expresamos colectivamente a nosa solidariedade co pobo palestino.”
Igualmente acordou:
“Instar á Xunta de Galicia, ao goberno de España e á Unión Europea a adoptar medidas urxentes para deter esta situación e garantir responsabilidades internacionais”
Por outra banda Vedra tamén acordou subscribir o manifesto da FEGAMP sobre a situación en Gaza. (dispoñible nesta sección)