Co gallo do día Internacional Contra a Violencia de Xénero neste mes de novembro dende o Concello propoñemos a seguinte ampla e diversa programación co obxectivo de significarnos é loitar contra a violencia de xénero
A través deste conxunto de actividades, que van desde talleres, mesas redondas, trataremos de sensibilizar á sociedade para erradicar a da violencia de xénero.
1.- “POLA IGUALDADE E CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”
CHARLA NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA O 7 DE NOVEMBRO
A charla impartida por JORGE GARCIA MARÍN (Profesor titular de Socioloxía USC y Secretario del Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas y de Estudios de Xénero (CIFEX) de la Universidades de Santiago de Compostela.
Esta acción aberta ao público en xeral vai especialmente dirixida a nais e pais polo que a coordinaremos a través das ANPAS da comunidade educativa vedresa
2.- MESA-DEBATE: EN TORNO A VIOLENCIA DE XÉNERO:
O 23 DE NOVEMBRO ás 18:30 HORAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Será unha mesa de debate sobre os recursos, o enfoque nos tratamento da violencia de xénero no noso entorno.
Participarán : Asesora xurídica das vítimas dende o CIM; persoal técnico da Secretaría Xeral de Igualdade e forzas do Estado e autoridades que interveñen na atención e protección ás vítimas de violencia de xénero .
3.- II CONCURSO DE LEMAS¨: “FAGAMOS DÁ VIDA UN BO TRATO”:
LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O prazo para participar será do 1 de novembro ao 22 de novembro, ambos incluídos, cada participante deberá deixar nun sobre pechado co nome e apelidos, curso e centro ao que pertence idade e o lema proposto nas conserxerías dos Centros educativos ou nas Escolas Unitarias pertencentes ao CRA haberá tres premios para os mellores lemas.
• Dende o 1 de novembro instalarase un CALENDARIO CONTADOR DE VÍTIMAS deste ano de xeito que se visibilize a realidade das mulleres vítimas da violencia de xénero e da nosa sociedade NA CASA DO CONCELLO TODO O MES .
4.- CINEMA FORUM "NIN UN DÍA MÁIS CON VIOLENCIA”:
O 28 DE NOVEMBRO ÁS 20 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE VEDRA
Consistirá na Proxección dunha curta “EL ORDEN DE LAS COSAS”, Charla e Debate relacionados coa temática destes actos e compartiremos Café-Merenda.
Nesta actividade participarán MULLERES+ que relatarán a súa experiencia na gravación do Podcats “Moitas mulleres nunha soa Muller” e compartirán ás reflexión sobre a curta sobre o que están xa a traballar.
5.- DÍA 25 DE NOVEMBRO ACTOS INSTITUCIONAIS:
• ILUMINACIÓN A FACHADA DO CONCELLO “VEDRA É VIOLETA” 24 de novembro ás 20.00 horas.
PARTIDO DE FUTBOL FEMININO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O 25 DE NOVEMBRO NO CAMPO DE FÚTBOL DE SAN MAMEDE "MANUEL SILVA" ÁS 12:30 HORAS
Baixo o lema “ Á VIOLENCIA DE XÉNERO MARCÁMOSLLE UN GOL - QUE AS MULLERES NON SABEMOS FACER QUÉ? MESMA PAIXÓN”
Ten coma obxectivo da visibilidade ao fútbol feminino, reivindicando a igualdade entre mulleres e homes e rexeitar as violencias machistas. Xogarase no campo de fútbol de S. Mamede. Dada a tradición do fútbol que antes tiña no noso Concello trátase tamén de recuperar esta posibilidade, e opción para ás mulleres do noso concello que queiran optar por este deporte.
O deporte constitúe unha ferramenta fundamental no labor de sensibilización en materia de igualdade e contra violencias machistas, esta acción , trata de dar visibilidade e crear referentes femininos así como desactivar aprendizaxes sexistas ou violentas.
No mundo do deporte queda moito por traballar porque aínda se lexitiman ou naturalizan condutas machistas traducidas na invisibilidade e nas violencias verbais e/ou físicas.
A todas aquelas mulleres que desexen participar poden poñerse en contacto cos servizos sociais no teléfono 699041486 ou no enderezo electrónico carmen.sabio@concellodevedra.gal
6.- ACTO INSTITUCIONAL COA LECTURA DO MANIFESTO E VISIBILIZACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA ao finalizar o partido.
...E ademais as seguintes actividades:
• TALLER QUÉREME, NON ME FIRAS
- CONTACONTOS:” EU CONTO, TI CONTAS, HISTORIAS PARA A IGUALDADE”
- PASEOS EN VIOLETA
Con todas estas actividades o Concello de Vedra súmase ás campañas de erradicación da violencia de xénero que se celebran en todo o mundo con motivo do 25-N e anima á veciñanza a "romper co silencio" e a intervir contra esta secuela, á vez que lanza unha mensaxe de esperanza ás vítimas.
Liberdade e Igualdade para lembrar que miles de mulleres viven baixo o control da súa parella ou que a violencia de xénero é a manifestación máis grave de desigualdade, como datos a destacar, saber que o 64 % das situacións de violencia contra as mulleres prodúcense no fogar ou que máis de 40 menores foron asasinados por violencia de xénero desde 2013.