25N EN VEDRA

Co gallo do día Internacional Contra a Violencia de Xénero neste mes de novembro dende o Concello propoñemos a seguinte ampla e diversa programación  co  obxectivo  de significarnos é loitar contra a violencia de xénero

A través deste conxunto de actividades, que van desde talleres, mesas redondas, trataremos de sensibilizar á sociedade  para erradicar a  da violencia de xénero.

1.- “POLA IGUALDADE E CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS”

CHARLA NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VEDRA O 7 DE NOVEMBRO

 A charla  impartida por JORGE GARCIA MARÍN (Profesor titular de Socioloxía  USC y Secretario del Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas y de Estudios de Xénero (CIFEX) de la Universidades de Santiago de Compostela.

Esta acción aberta ao público en xeral vai especialmente dirixida a nais e pais polo que a coordinaremos a través das ANPAS da comunidade educativa vedresa

2.- MESA-DEBATE:  EN TORNO A VIOLENCIA DE XÉNERO:

O 23 DE NOVEMBRO ás 18:30 HORAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Será unha mesa de debate sobre os recursos, o enfoque nos tratamento da violencia de xénero no noso entorno.

Participarán :   Asesora xurídica  das vítimas dende o CIM;  persoal técnico da Secretaría Xeral de Igualdade  e forzas do Estado  e autoridades que interveñen na atención e protección ás vítimas de violencia de xénero .

3.- II CONCURSO DE LEMAS¨: “FAGAMOS DÁ VIDA UN BO TRATO”:

LEMAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O prazo para participar será do 1 de novembro  ao 22 de novembro, ambos incluídos, cada participante deberá deixar nun sobre pechado co nome e apelidos, curso e centro ao que pertence  idade e o lema proposto nas conserxerías dos Centros educativos ou nas Escolas Unitarias pertencentes ao CRA haberá tres premios para  os  mellores lemas.

• Dende o 1 de novembro instalarase  un CALENDARIO CONTADOR DE VÍTIMAS deste ano de xeito que se visibilize a realidade das mulleres vítimas da violencia de xénero e da nosa sociedade  NA CASA DO  CONCELLO TODO  O MES .

4.- CINEMA FORUM "NIN UN DÍA MÁIS CON VIOLENCIA”:

O 28 DE NOVEMBRO ÁS 20 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE VEDRA

Consistirá na Proxección dunha  curta “EL ORDEN DE LAS COSAS”, Charla e Debate relacionados coa temática destes actos e compartiremos Café-Merenda.

Nesta actividade participarán MULLERES+ que relatarán  a súa experiencia na gravación do Podcats  “Moitas mulleres nunha soa Muller” e compartirán ás reflexión sobre a curta sobre o que están xa a traballar.

5.- DÍA  25 DE NOVEMBRO ACTOS INSTITUCIONAIS:

•        ILUMINACIÓN A FACHADA DO CONCELLO “VEDRA É VIOLETA” 24 de novembro ás 20.00 horas.

PARTIDO DE FUTBOL FEMININO  CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O 25 DE NOVEMBRO NO CAMPO DE FÚTBOL DE SAN MAMEDE "MANUEL SILVA" ÁS 12:30 HORAS

Baixo o lema “ Á VIOLENCIA DE XÉNERO MARCÁMOSLLE UN GOL - QUE AS MULLERES NON SABEMOS FACER QUÉ? MESMA PAIXÓN”

Ten coma obxectivo da visibilidade ao fútbol feminino, reivindicando a igualdade entre mulleres e homes e rexeitar as violencias machistas. Xogarase no campo de fútbol  de S. Mamede. Dada a tradición do fútbol que antes tiña no noso Concello trátase tamén de recuperar esta posibilidade, e opción para ás mulleres do noso concello que queiran optar por este deporte.

O deporte constitúe  unha  ferramenta fundamental no labor de sensibilización en materia de igualdade e contra violencias machistas, esta acción , trata de dar visibilidade e crear referentes femininos  así como desactivar  aprendizaxes sexistas ou violentas.

No mundo do deporte queda moito por traballar porque aínda se lexitiman ou naturalizan condutas machistas traducidas na invisibilidade e nas violencias verbais e/ou físicas.

A todas aquelas mulleres que desexen participar poden poñerse en contacto cos servizos sociais no teléfono 699041486 ou no enderezo electrónico carmen.sabio@concellodevedra.gal

6.- ACTO INSTITUCIONAL COA LECTURA DO MANIFESTO E VISIBILIZACIÓN DA VIOLENCIA MACHISTA ao finalizar o partido.

...E ademais as seguintes actividades:

       •   TALLER QUÉREME, NON ME FIRAS

  • CONTACONTOS:” EU CONTO, TI CONTAS, HISTORIAS PARA A IGUALDADE”
  • PASEOS EN VIOLETA

Con todas estas actividades o Concello de Vedra súmase ás campañas de erradicación da violencia de xénero que se celebran en todo o mundo con motivo do 25-N e anima á veciñanza a "romper co silencio" e a intervir contra esta secuela, á vez que lanza unha mensaxe de esperanza ás vítimas.

Liberdade e Igualdade para lembrar que miles de mulleres viven baixo o control da súa parella ou que a violencia de xénero é a manifestación máis grave de desigualdade, como  datos a destacar, saber  que o 64 % das situacións de violencia contra as mulleres prodúcense no fogar ou que máis de 40 menores foron asasinados por violencia de xénero desde 2013.