8M VEDRÁ É MULLER 2026

Programación arredor do Día Internacional da Muller da Área de Igualdade do Concello de  Vedra:

O Día Internacional da Muller 8 marzo  é unha data que se celebra en todo o mundo.

Un día no que as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para gritar en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

Neste sentido, desde a Concellaría de Igualdade trabállase por lograr a igualdade e a emancipación das mulleres no Concello, unha igualdade que sexa efectiva e real. Un traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano.

Cada ano realízanse diversos actos de sensibilización ao redor do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, sobre a desigualdade que sofren as mulleres.

Programación:

- Proxección do Documental "Chicas Nuevas 24 horas" de Mabel Lozano. O venres 27 de febreiro no Centro Sociocultural de Vedra (xa 

- IV Andaina  no camiño da Igualdade. O domingo 8 de marzo.

Punto de inicio e fin a Casa Consistorial de Touro(percorrido circular)  de   9.30  a 10.00 HORAS  inscrición gratuita.

INSCRICIÓNS AQUÍ    ou no código QR que aparece no cartel.

- Plantación institucional "Unha camelia pola Igualdade" , este ano na parroquia de S. Mamede .

- Acto de recoñecemento  "VEDRA É MULLER" este ano adicado a LIDIA MACEIRA  BREA ,  primeira funcionaria na Admon. Local do Concello de Vedra  O  7 DE MARZO  ÁS 12.00 HORAS, no centro sociocultural  de Vedra. 

O Acto  rematará coa lectura do  manifesto da FEGAMP  que podes ver nesta sección.

* Tamén dispoñible o manifesto da FEMP.