Programación arredor do Día Internacional da Muller da Área de Igualdade do Concello de Vedra:
O Día Internacional da Muller 8 marzo é unha data que se celebra en todo o mundo.
Un día no que as mulleres de todos os continentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense para gritar en prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
Neste sentido, desde a Concellaría de Igualdade trabállase por lograr a igualdade e a emancipación das mulleres no Concello, unha igualdade que sexa efectiva e real. Un traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano.
Cada ano realízanse diversos actos de sensibilización ao redor do Día Internacional da Muller, 8 de marzo, sobre a desigualdade que sofren as mulleres.
Programación:
- Proxección do Documental "Chicas Nuevas 24 horas" de Mabel Lozano. O venres 27 de febreiro no Centro Sociocultural de Vedra (xa
- IV Andaina no camiño da Igualdade. O domingo 8 de marzo.
Punto de inicio e fin a Casa Consistorial de Touro(percorrido circular) de 9.30 a 10.00 HORAS inscrición gratuita.
INSCRICIÓNS AQUÍ ou no código QR que aparece no cartel.
- Plantación institucional "Unha camelia pola Igualdade" , este ano na parroquia de S. Mamede .
- Acto de recoñecemento "VEDRA É MULLER" este ano adicado a LIDIA MACEIRA BREA , primeira funcionaria na Admon. Local do Concello de Vedra O 7 DE MARZO ÁS 12.00 HORAS, no centro sociocultural de Vedra.
O Acto rematará coa lectura do manifesto da FEGAMP que podes ver nesta sección.
* Tamén dispoñible o manifesto da FEMP.