Unha iniciativa conxunta dos concellos de Vedra e Boqueixón que acolle seis actividades co río Ulla como eixo central e que inclúen baixada en caiac, rutas de sendeirismo, ioga, voluntariado xuvenil e rutas para descubrir o patrimonio oculto e un campo de voluntariado.
PROGRAMACIÓN COMPLETA:
** GOZA DO ULLA 2026 (RUTA DO GOZA DO ULLA (VÍA DA PRATA – SAN XOÁN DA COVA)
• Data: 2 de agosto.
• Horario no Punto de encontro (para deixar os vehículos e recollida do bus) ás 09:30 horas na Áresa de Recreo de Cubelas 42.77187,- 8.42584).
• Saída : Ás 10 horas na Capela do Santiaguiño
• Distancia: 16 km aprox.
• Dificultade: media-baixa
• Inscricións abertas PREMENDO AQUÍ (prazas limitadas)
** Esta ruta ten o seu comezo no contorno da capela e fonte do Santiaguiño. Dende aquí a ruta baixa por un tramo do camiño da Vía da Prata dirección ao río Ulla para logo discorrer pola súa marxe dereita aproveitando camiños de paso e sendas de pescadores (Ruta de San Xoán da Cova). No seu percorrido atopámonos con diferentes puntos de interese: o pobo da Ponte Ula, a Área de Recreo de Agronovo, o couto de ximonde coa súa ponte colgante e a área de Recreo de Cubelas.
ADEMAIS!! Ese mesmo día na Área de recreo de Cubelas (fin da ruta) celébrase a "Festa do Chourizo" na que poden participar todas as persoas interesadas. Este día, servizo de aluguer de piraguas na Área de Recreo de Agronovo de 16 a 20 horas. Disporase dun autobús que levará ás persoas participantes dende o punto de encontro, ata o punto de saída.
** Consultas e máis información:
- Teléfonos 669 450 804 e 981 814 691
- Enderezo electrónico: turismo@concellodevedra.gal
RUTA POLO PATRIMONIO OCULTO DE VEDRA (CONTORNO DE SAN XOÁN DA COVA – GUNDIÁN - PONTE ULLA)
• Data: 8 de agosto
• Horario: de 10:30 a 13:30 h.
• Observacións: inclúe cata - degustación
• Inscrición abertas PREMENDO AQUÍ (prazas limitadas)
** IOGA NA BEIRA DO ULLA
• Data: 14 de agosto
• Imparte: Ana María García Liñares
• Lugar: Área de Recreo de Cubelas (Vedra)
• Horario: De 18 a 20 horas
• Inscricións abertas PREMENDO AQUÍ ata o 12 de agosto ou ata completar prazas
---- PROGRAMACIÓN XA REALIZADA -----
** DESCENSO DO ULLA
• Data: 27 de xuño.
• Percorrido: Dende o Campo do río de Ponte Ledesma ata a Área de Recreo de Agronovo.
** IOGA NA BEIRA DO ULLA
• Data: 18 de xullo.
• Imparte: Xus Raíndo
• Lugar: Área de recreo de Sucira
• Horario: De 18 a 20 horas
• Inscricións abertas PREMENDO AQUÍ ata o 15 de xullo ou ata cubrir prazas
** CAMPO DE VOLUNTARIADO “MONTE SACRO”
• Arqueoloxía+ medio ambiente.
• Datas: do 21 de xullo ao 1 de agosto
• Idades: de 18 a 30 anos
• Colabora: Dirección Xeral de Xuventude
• Prazas limitadas