Ludoteca

A ludoteca  é un servizo municipal que nace dende os Servizos Sociais para dar resposta ás necesidades educativas da infancia do Concello.  Tendo como base un proxecto educativo,  os seus principais obxectivos son a educación no tempo libre a través do xogo e os xoguetes; xerar novas formas de intervención  que faciliten  a conciliación da vida familiar e laboral;  orientación e asesoramento a nais e pais. Con esta labor apostamos por un servizo de calidade co que favorecer  as relacións sociais, a adquisición de valores e o desenvolvemento integral d@s nen@s, cumplindo polo tanto  unha triple función:

  • Pedagóxica:
  • Social
  • De orientación

O horario no que se oferta este servizo é o seguinte:

  1. De luns a xoves: 17:00 a 20:00
  2. Venres: 15:00 a 20:00
  3. Vacacións e festivos: de 8:30 a 14:30

Ubicación: Avenida Mestre Manuel Gómez, nº 15 Baixo-15885, Vedra