OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) trátase dun servizo público e gratuíto que pon á disposición da mocidade a información e documentación sobre calquera dos temas que puideran ser de interese para este colectivo.

Podes consultar sobre: estudos oficiais, cursos, formación ocupacional e continua, subvencións, becas e axudas, actividades e accións municipais, ..

Ademais ofertámosche:

O Servizo de Novas: co cal contarás con toda a información de Vedra no teu enderezo electrónico. Para participar, escríbenos a novas@concellodevedra.com
A expedición do carné xove e información sobre outros carnés para a xuventude.
A tramitación para a participación e solicitude nos campamentos da Xunta, Deputación, Municipais,...
Campañas informativas,...

Estamos no edificio do Concello (Avenida Mestre Manuel Gómez Lorenzo), 1 – Vedra

De luns a venres de 9.30 a 14.30 h

Pero tamén podes comunicarte no enderezo electrónico novas@concellodevedra.com ou no teléfono

981 814 691