Emigración

A emigración en Vedra está en relación coa forma de propiedade da terra e a estructura económica e social da zona. As causas da emigración son: a crise da industria téxtil (liño), o incremento da fiscalidade estatal, o servizo militar obrigatorio e a crise da produción vitícola, debida en parte ás pragas.

Durante o século XIX foi moi importante a emigración a Cádiz e incluso a Portugal, pero dende 1880 aumenta a emigración a América, sendo Arxentina o destino dun 60% da xente que marcha do Val do Ulla.

Arxentina conta con dúas sociedades de vedreses, en concreto a Sociedade Parroquial de Vedra e a Sociedade Municipal e Agraria de Vedra, ámbalas dúas centenarias, e que manteñen vivo o sentimento pola terra que viu nacer os seus integrantes.

A estas dúas sociedades outorgóuselles a Medalla de Ouro do Concello como tributo á traxectoria de tanta xente que deixou a nosa terra buscando un porvir.