Espazos Naturais

Rede Natura
O concello de Vedra está situado no marco do “Sistema fluvial Ulla-Deza”, sendo un lugar de interese comunitario, declarado como zona de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, de 2 de abril (proposta para a Rede Natura 2.000).

Ademais conta cunha gran riqueza paisaxística (o río Ulla como eixe principal, flora e fauna) e cunhas características propias de territorio: existencia dunha cultura recoñecida (historia propia), recursos patrimoniais (froito da súa historia)...