Conxuga

O concello de Vedra conta cunha medida de conciliación validada pola Xunta de Galicia, a través do programa CONXUGA: neste programa ofértanse distintas actividades educativas e de atención aos menores en horario de luns a venres de 7.30 a 9.30 h pola mañá e de 15.00 a 20.00 h pola tarde durante o curso académico. Nos períodos vacacionais ( Nadal, Entroido, Semana Santa e Xullo e Agosto) o horario de atención é de 8.30 a 14.30 h. Neste horario as familias poden deixar os/as menores realizando distintas actividades socioeducativas mentres eles/as realizan formación prelaboral ou traballan.

As actividades que se desenvolven parten dun soporte lúdico e pedagóxico como complemento dos servizos educativos existentes permitindo que as familias realicen actividades dirixidas a sua inclusión sociolaboral. Para as familias ofrécense servizos psicopedagóxicos a quen o precise e un espazo de encontro onde poden establecer redes de apoio e cooperación nos coidados dos fillos e fillas.

Estas accións concretas teñen como eixo común os centros de interese, como referente da liña pedagóxica: a educación en valores a través de distintas actividades: 
•    Madrugadores
•    Obradoiros familiares
•    Vacacións lúdicas
•    Punto de asesoramento , orientación e información a pais e nais
•    Saídas e itinerarios didácticos
•    Xogos -LUDOTECA.