Normativa Municipal de Residuos

Dende o 17 de xuño de 2013 está en vigor unha ordenanza municipal de residuos e reguladora das condicións para o mantemento da salubridade e ornato público no Concello de Vedra.

Esta ordenanza regula a xestión dos residuos e as condicións para a promoción e mantemento da limpeza, salubridade e ornato das vías e espazos públicos e dos terreos, edificacións e instalacións de titularidade pública ou privada. Ademais regula as competencias municipais entre as que se encontra a potestade de vixilancia e inspección e a potestade sancionadora en materia de xestión de residuos.

Esta ordenanza establece un réxime sancionador e tipifica as infraccións en  moi graves, graves ou leves. As infraccións leves relativas ao mantemento das condicións de salubridade e ornato públicos sancionaranse con multa de 90 a750 euros.