Saúda do alcalde


Quero darvos a benvida  a esta nova páxina web do Concello de Vedra, un portal que servirá ás veces de escaparate, ás veces de guía, ás veces de axenda cultural, … e sempre de punto de referencia para coñecer o que acontece en Vedra a diario.

De a pouquiño queremos converter este espazo nunha posibilidade real dos veciños para realizar trámites e consultas administrativas que faciliten no posible a accesibilidade do concello á xente. Ao tempo que se converta nunha posibilidade real para os visitantes para coñecer en profundidade o noso municipio e todas as súas posibilidades culturais, turísticas,... que son moitas e de gran calidade.

Con ese anhelo de seguro acadaremos que esta páxina sexa unha porta aberta para os veciños e tamén para os visitantes que agardamos que cada día sexan máis.

Uns e outros sede benvidos á nosa páxina!

Un abrazo do voso alcalde,

Carlos Martínez Carrillo

BIOGRAFÍA