Servizo de madrugadores - CPI Vedra

Servizo de madrugadores

O concello de Vedra conxuntamente coa ANPA do CPI de Vedra iniciou dende o 15 de setembro de 2008 a implantación do servizo complementario de madrugadores neste centro, dada as necesidades reais das familias en canto á conciliación da vida laboral e familiar.

O horario desenvólvese dende as 7.00 h ata as 9.30 h, cando se inician as actividades lectivas no centro. Permitirase a paulatina incorporación dos/as alumnos/as ao centro, flexibilizándose deste xeito as circunstancias laborais das familias.

Os obxectivos do servizo de Madrugadores son :
-Fomentar hábitos de alimentación saudable.
-Favorecer a organización e as relacións familiares e sociais.

-Previr futuras patoloxías asociadas á mala alimentación.

-Incidir e ampliar os ámbitos da educación alimentaria ao entorno familiar.

As actividades a través das cales se desenvolverán estes obxectivos terán carácter extraescolar (xogos, animación lectora, actividades do servizo de almorzo e de educación alimentaria, hábitos de hixiene…) que son indispensables para a consecución dos obxectivos curriculares e que teñen por obxecto a mellora do servizo educativo e a atención aos/as alumnos/as en aspectos relacionados coa educación alimentaria.

As familias que desexen acollerse a este novo servizo, deberán cumprimentar a folla de inscrición dispoñible no Departamento de Servizos Sociais do concello de Vedra, no CPI e na páxina web do concello.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 814 612.