Plan xeral de ordenación municipal

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vedra foi aprobado no ano 2007. A súa elaboración foi unha aposta clara polo mantemento das cualidades diferenciadoras que fan do noso entorno un lugar privilexiado, favorecendo un crecemento urbanístico ordeado e de calidade e a posta en valor do medio rural, dos recursos naturais e do patrimonio cultural.

Unha notable ampliación do solo urbano, a designación dun solo industrial -a estas alturas xa adxudicado-, os espazos dotacionais e as zonas verdes contribúen a que Vedra sexa un lugar con grandes expectativas de futuro.

O texto completo definitivo do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello pode consultarse AQUÍ. No mapa que aparece deberás pinchar sobre o concello de Vedra e desplegarase toda a información.

A continuación exponse o mapa do Plan Xeral dividido en seis zonas. Pincha sobre a que sexa do teu interese para que se desplegue.