Oficina de emprego e servizos

UBICACIÓN: Planta baixa da Casa do Concello.
HORARIO ATENCIÓN O PÚBLICO: Luns, martes, xoves e venres de 8.30 a 14.00 horas.
 981 81 46 92
FAX: 981 50 33 31
E-MAIL: cruz.vilas@vedra.dicoruna.es
RESPONSABLES: Mª Cruz Vilas Giadanes (Técnico local de emprego e servizos); Vanessa Crespo Souto (Axente de emprego e desenvolvemento local).

Os obxectivos xerais deste departamento son os seguintes:
•    Deseño de actuacións que contribuan ó desenvolvemento do territorio, en base ó estudio da evolución e necesidades do mercado laboral.
•    Difusión das Políticas Activas de Emprego da Xunta de Galicia.
•    Información sobre os recursos existentes para favorecer o desenvolvemento local no eido municipal.
•    Asesoramento a emprendedores sobre os trámites necesarios para a constitución e posta en marcha dun proxecto empresarial.
•    Acompañamento no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos.
•    Servizo de atención a empresas coa finalidade de lograr unha maior dinamización do sector: información sobre axudas e subvencións para contratación, etc.
•    Actualización continuada da base de datos de empresas e comercios do Concello.
•    Fomento da utilización de novas tecnoloxías.
•    Promoción do desenvolvemento de actividades formativas atendendo ás demandas de empresas e desempregados.

BENEFICIARIOS:
Os servizos que ofrece a Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local van dirixidos a: desempregados, persoas en activo, empresas, asociacións e poboación en xeral.

FUNCIÓNS:
Asesoramento a emprendedores:
Consistente en informar e asesorar a persoas con proxectos empresariais, promovendo a creación de empresas, indicándolles as posibles axudas e subvencións das que se poden beneficiar.
Proxectos de formación e  creación de emprego:
A creación de postos de traballo a nivel local é fundamental nunha poboación na que o paro, principalmente entre os colectivos mais desfavorecidos, mozos, mulleres e parados de longa duración, é importante. Por ese motivo, dende o Concello, deseñanse unha serie de plans de creación de emprego, e realízanse as xestións necesarias para obter financiamento público para os mesmos. Entre estes proxectos destacan os seguintes:

  • Programas de Cooperación. Forman parte das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Con estes programas lévase a cabo a contratación de traballadores desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. As persoas contratadas adquiren unha experiencia profesional para mellorar a súa empregabilidade e poder acceder con posterioridade a un posto de traballo estable por conta propia ou allea.
  • Obradoiros de Emprego. Encadrados dentro das políticas activas de emprego, son programas mixtos que combinan accións de formación e emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas maiores de 25 ou máis anos de idade, coa finalidade de facilitar a súa posterior integración no mercado de traballo.

  • Cursos formativos. Planificación de cursos de formación  dirixidos a desempregados, traballadores en activo, tanto por conta propia como por conta allea, empresas e poboación en xeral.

Seguimento de axudas e subvencións

Dende a Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local,  faise un seguimento diario de boletíns oficiais para a detección de axudas e subvencións de diversos proxectos de formación e creación de emprego susceptibles de financiamento deste tipo de medidas.

OUTROS SERVIZOS:
1. Xestión das ofertas de emprego temporal do Concello:
2. Xestión das ofertas de emprego de empresa privada:
2.1. Xestión de ofertas de empresas do Concello de Vedra e outros Concellos.
2.2. Ofertas de emprego de E.E.T.T. (empresas de traballo temporal).

3. Xestión dunha bolsa de demandantes propia do Concello.

4. Información e asesoramento sobre cursos para inserción profesional ou formación continua das distintas administracións públicas ou organismos públicos destinados á formación.

5. Atención do Punto de Información do Servizo Galego de Colocación, para renovación da tarxeta de demandantes, información sobre cursos de formación continua ou dos programas Plan FIP ou do FSE, ofertas de emprego, etc.

6. Tramitación de expedientes básicos a particulares, asociacións e agrupacións, nas súas relacións coas distintas administracións, fundamentalmente tramitación de solicitudes ou axudas de promoción económica, medio rural, medio ambiente, montes, traballo, etc.