O Concello de Vedra súmase á conmemoración do Día Internacional da Liberdade Sexual, o sábado 28 de xuño.
Con este motivo compartimos información de interese que nos chega dende outros organismos:
- ADHESIÓN Á CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
"LIBERDADE DE SER E SENTIR" que desenvolve as seguintes accións:
• Actualización da páxima web SER E SENTIR con novas propostas de literatura LGTB galega, estatal e internacional, recompilación de recursos audiovisuais (curtametraxes, películas e series con representación diversa) e enlaces a materiais de libre acceso, así como suxestión de contidos para diferentes idades.
• Celebración dun acto conmemorativo na mañá do 27 de xuño no Pazo da Deputación con lectura de manifesto e unha lectura colectiva de fragmentos de literatura queer galega que poñeremos á vosa disposición.
• Creación de contidos informativos descargables para que concellos e entidades poidades dipor deles nos puntos de información LGTB que organicedes ao longo do ano.
• Realización de 3 palestras arredor de contidos como a institucionaliación das persoas LGTB, as medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTB no ámbito laboral ou corpos e sexualidades disidentes.
• Representacións teatrais para distintos públicos espalladas por 20 concellos da provincia (a organización poñerase en contacto cos concellos que van recibir as actividades)
• Instalación de puntos LGTB en 8 concellos da provincia.
• Envío dun lote de 100 bolis a concellos de menos de 30.000 habitantes.
Desde Igualdade da Deputación da Coruña entenden que o activismo polos dereitos das persoas LGTBQI+ non debe cinguirse a un único día no ano, polo que a programación que compón a campaña estenderase durante meses.
- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBI
Esta declaración, ven a reafirmar o compromiso cos valores democráticos de igualdade, respeto, liberaade e dignidade, e, ao mesmo tempo, reivindica o papel dos gobernos locais como garantes da convivencia basada na pluralidade, onde a diversidade sexa percibida como un valor e nunca como un motivo de exclusión.
A cal tes dispoñible nesta sección.