8M EN VEDRA

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2023

8 DE MARZO

Foron moitos os avances conseguidos, pero persisten as desigualdades, a discriminación e a violencia ás mulleres polo feito de selo, ante este feito non caben actitudes mornas e non é entendible ser neutrais.

 O 8 de marzo foi proclamado o Día Internacional polos Dereitos da Muller pola Organización das Nacións Unidas en 1975. Desde entón, é un día de celebración polos avances que conseguimos ao longo da historia e de reivindicación polo que nos queda por alcanzar en materia de igualdade entre mulleres e homes en todos os ámbitos da vida.

 É indubidable que España é referente en materia de igualdade, o noso marco normativo é exemplo para moitos países que nos recoñecen a firme defensa dos dereitos das mulleres situándonos á cabeza no Índice Europeo de Igualdade de Xénero.

Este ano convócanos a necesidade de afianzar todos os avances conseguidos deixando de lado o ruído que pretenden facer algúns sectores ao sentirse ameazados nos seus privilexios adquiridos na sociedade machista cuns valores onde o papel da muller en xeral e ao longo da historia foi ignorado e infravalorado.

Non debemos esquecer os colectivos vulnerables onde as mulleres se atopan en situacións de discriminación múltiple: por ser mulleres e por ter unha discapacidade, ser dunha raza ou etnia concreta, ter unha determinada idade ou vivir e traballar fóra das grandes cidades ou núcleos de poboación.

Neste sentido temos en conta ás mulleres do mundo rural e o seu papel fundamental no desenvolvemento de actuacións relacionadas coa loita contra o despoboamento e o reto demográfico.

No aspecto laboral, vendo os datos dos diferentes indicadores como traballo a tempo parcial, salarial, sectores produtivos, carreira profesional etc., as condicións de traballo das mulleres son peores cás dos homes, tendo pouca presenza en determinados sectores profesionais e en cargos de dirección empresarial.

Ata hai uns anos o pensamento xeneralizado era que a violencia contra as mulleres era consecuencia de actitudes individuais e do ámbito privado. Grazas aos avances conquistados e á maior visibilización e sensibilidade por parte da sociedade conseguiuse situala no centro das preocupacións, con categoría de problema social, coa obriga de dar resposta inmediata desde os poderes públicos. As violencias de xénero constitúen a cara máis escura da desigualdade.

Desde o ámbito local debemos seguir co compromiso de construír unha sociedade igualitaria, que garanta os dereitos de todas as persoas, así como a participación activa na vida local.

 Estes compromisos débense plasmar no deseño e xestión dunhas políticas locais que convertan ás nosas sociedades en motores de transformación. É por iso que  O Concello de Vedra  adhírese a esta Declaración:

  • Intensificar os esforzos no desenvolvemento de políticas encamiñadas a fomentar o emprego, o empoderamento e a educación para a igualdade de oportunidades.
  •  Incorporar a perspectiva de xénero en toda a actividade local e establecer unha coordinación adecuada entre as diversas áreas dos gobernos locais.
  • Actualizar os sistemas e protocolos de actuación no desenvolvemento das políticas de igualdade en coordinación con todas as entidades implicadas.
  • Expor sistemas de recompilación de datos desagregados para comprender e abordar as desigualdades de xénero para que, da súa análise, poidamos ofrecer unha resposta apropiada e eficaz.
  • Ampliar o sistema de atención ás vítimas de todas as formas de violencia machista contra as mulleres no marco das nosas competencias, avanzando na mellora dos sistemas de detección temperá, situando no centro de todas as medidas os dereitos das vítimas e o seu empoderamento, e atendendo ao recoñecemento e ao dereito de reparación das vítimas.
  •  Sumarnos e convidar a toda a cidadanía a participar nos actos organizados con motivo do 8M, así como aquelas accións e iniciativas que reivindiquen a igualdade e contra a violencia contra as mulleres.

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA FEMP