ACCIÓNS FORMATIVAS EN XUÑO

INFORMACIÓN DE INTERESE...
 
1.- Dende a Fundación Laboral da Construción en Galicia, achegan información sobre as accións formativas previstas para o mes de Xuño nas súas instalacións de Santiago de Compostela. Son cursos 100% subvencionados.
• Carretillas elevadoras de mástil con carga en voladizo (tipo 4) e de alcance variable ou brazo telescópico (tipo 5) ata 10000 kg. Iniciación. (30h.)
Data de inicio: 08/06/2024
Data de fin: 15/06/2024
Horario: xoves e venres de 15:00 a 22:00 e sábados de 08:00 a 16:00h.
• Montaxe de prefabricados de formigón (60h.)
Data de inicio: 01/06/2024
Data de fin: 22/06/2024
Horario: xoves e venres de 15:30 a 21:30 e sábados de 08:30 a 14:30h.
• Operacións con plataformas elevadoras móviles de personal (PEMP). Categorías 1A, 1B, 3A e 3B (30h.)
Data de inicio: 21/06/2024
Data de fin: 29/06/2024
Horario: venres de 15:00 a 22:00 e sábados de 08:00 a 16:00h.
** Inscricións e información: Tel. 981 980 688 | lveleiro@fundacionlaboral.org | galicia.fundacionlaboral.org
 
2.- Curso gratuíto para persoas empregadas e desempregadas sobre EMPRENDEMENTO DIXITAL (30horas) .
Programa: España Emprende da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
Lugar: Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Beca de transporte 3€ / día.
Datas: 03 de xuño ao 10 de xuño de 9 a 14 horas.
** inscricións e información: ana.otero@gdoce.es ou no tlf 636 936 791
 
3.- O IES As Fontiñas de Santiago, comparte información do seu ciclo de Grado Medio de FP DUAL de Escavacións e Sondaxes.

A FP dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia, combinando a formación do alumnado no centro educativo coa súa formación e a súa actividade profesionalizadora na empresa.  

O ciclo comezouse a impartir este ano por vez primeira en toda Galicia e ten unha alta empregabilidade. 

O período de formación estrutúrase en dos cursos lectivos da seguinte maneira:  

  • 1º Curso, de setembro a febreiro no centro, e de marzo a xullo na empresa. 
  • 2º Curso, de setembro a xaneiro no centro, e de febreiro a xuño na empresa. 

No período de formación nas empresas os alumnos perciben unha remuneración e danse de alta na Seguridade Social. 

Aínda que nos primeiros meses do curso, a formación faise no IES As Fontiñas de Santiago, a alta demanda de traballadores no sector, posibilita que dende o centro poidamos ofrecer as prácticas en empresas de toda Galicia con posibilidade que estean próximas aos lugares de orixe dos alumnos/as

A preinscripción ao curso faise en xuño, e as condicións de acceso son as seguintes:  

  • Ter 18 anos no inicio das prácticas 
  • Superar unha entrevista persoal con as empresas das prácticas. 

** Inscricións e información: Maria Josep Martínez Bonet (Titora Ciclo Escavacións e Sondaxes) IES As Fontiñas. TF: 881866661 MAIL: mmbonet@edu.xunta.gal