Axudas Ensino e Transporte Escolar en Vedra curso 22/23

LISTAXE PROVISIONAL DAS AXUDAS AO ESTUDO DO CONCELLO DE VEDRA CURSO ESCOLAR 2022/2023

Podes consultar o anuncio de publicación na seguinte ligazón do taboleiro de anuncios municipal: PREME AQUÍ  

As persoas interesadas teñen un prazo de 5 días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación, para formular alegacións ou reclamacións oportunas por escrito e presentándoas na Sede electrónica do Concello de Vedra, no Rexistro xeral do Concello de Vedra ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Prazo de alegacións ou reclamacións: Dende o 24 ao 30 de xaneiro, ambos incluídos.

Máis información: Nas bases reguladoras e no departamento de servizos sociais comunitarios (981 81 46 93)