BONO EMANCÍPATE 2026

Aberto o prazo de solicitudes ata o 30.04.2026 desta axuda económica da Dirección Xeral de Xuventude, para persoas mozas menores de 35 anos,  que alugan ou mercan unha vivenda.

O  obxectivo é cubrir os gastos iniciais da emancipación (non inclúe o pago do aluguer nin o pago do prezo da vivenda). A axuda permite pagar:

  • Mobles
  • Electrodomésticos
  • Utensilios de cociña
  • Artigos de baño
  • Téxtil de fogar
  • Artigos de decoración.

A axuda utilízase a través dunha tarxeta virtual, só en establecementos físicos de Galicia. Non permite compras por internet.

Contía da axuda:

  • 1.500 € para persoas que aluguen.
  • 3.000 € para persoas que merquen unha vivenda.

A tarxeta caduca o 31 de decembro de 2026.