CAMIÑO DE CAMELIAS

VEDRA... CAMIÑO DE CAMELIAS

É unha iniciativa municipal que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través do programa “O Teu Xacobeo”. Con ela preténdese fomentar o coñecemento do patrimonio natural relacionado coa camelia e promocionar a cultura da camelia como flor de Galicia e do Camiño de Santiago.

Adaptándonos á situación actual provocada pola crise sanitaria, artellamos este proxecto en liña.

Ligazón aos seguintes vídeos de conmemoración e posta en valor das Xornadas Arredor da Camelia:

** Vídeo conmemorativo do XXV Aniversario das Xornadas Arredor da Camelia

** Vídeo resumo das XXV Xornadas Arredor da Camelia celebradas no ano 2020

PLANTACIÓN CONMEMORATIVA DE CAMELIAS COMO RECOÑECEMENTO ÁS ENTIDADES E PARROQUIAS PARTICIPANTES NAS XORNADAS ARREDOR DA CAMELIA.

Como cada ano, o último domingo de febreiro estaríamos a gozar da beleza das camelias, da creatividade das composicións e da programación sociocultural das xornadas. Hoxe sería o seu día grande.

Como non se pode celebrar no seu formato habitual, aproveitamos este data para poñer en valor os traballos con camelia das entidades e parroquias, que de forma colectiva, e con esforzo e dedicación nos sorprenden en cada edición.

Por iso, en agradecemento a todas e cada unha das persoas e asociacións que cada ano colaboran nas xornadas, plantamos unha árbore de camelia nas súas parroquias de orixe de forma simbólica, un camiño de camelias interconectado que fai que “Vedra sexa camelia”.

#xunt@sfacemoscamelia

#agradecemento@sparticipantes

*Achegase galería fotográfica das ditas plantacións conmemorativas.

PARA SABER + DA CAMELIA. vídeos titoriais en liña  cos que coñecer máis e mellor a esta flor.

Xa  podes visualizar os vídeos  de "Coñecendo a flor, a folla e os coidados da camelia",  un total de seis vídeos formativos  que se poden visualizar  nas seguintes ligazóns:

Presentación "Para saber + da camelia"   

Variedades de flor   

As Follas

Crecemento e forma 

Reprodución 

Enfermidades