CAMPAMENTOS DE VERÁN

O Concello de Vedra abre as inscricións nos Campamentos de Verán 2025, que inclúen tres actividades socioeducativas para a rapazada.

Tras as preinscricións realizadas o pasado mes de abril, agora ábrese o prazo para as inscricións, que terán que formalizarse antes do 30 de maio preferiblemente de forma telemática a través da sede electrónica.

Para a formalización da inscrición teranse en conta os seguintes criterios de admisión por orde de prioridades:

  1. Participantes empadroados/as en Vedra (mínimo de 3 meses de antigüidade)
  2. Pai, nai, titor, titora empadroados/as en  Vedra (mínimo de 3 meses de antigüidade).
  3. Participantes  escolarizados/as nun centro educativo do concello.
  4. Nenos e nenas que non reúnan ningún dos anteriores requisitos.

 

Minicampamento de aventura

  • Cando: Do 26 ao 29 de xuño (4 días e 3 noites).
  • Onde: Camping Cachadelos. Sanxenxo.
  • Dirixido a: Nados/as no 2014, 2015 e 2016.
  • Prezo: 130 €.
  • Actividades: xincanas, obradoiros, actividades acuáticas (pádel surf, bodyboard, kaiak e intermareal), praia, piscina, actividades multiaventura (tiro con arco, slackline), veladas nocturnas e visitas a O Grove, Acuario do Grove e Miradoiro de Siradella.
  • Saída: Xoves 26 de xuño, ás 9:30 horas. Pavillón de Lestedo.
  • Regreso: Domingo 29 de xuño, ás 19:30 horas. Pavillón de Lestedo.
  • Folla de inscrición: Descargar.

Campamento de Mar

  • Cando: Do 22 ao 29 de xuño (8 días e 7 noites).
  • Onde: Albergue xuvenil Sinas. Vilanova de Arousa.
  • Dirixido a: Nados/as no 2009, 2010, 2011, 2021, 2013 e 2014.
  • Prezo: 220 €.
  • Actividades: xincanas, snorkiel, pádel surf, kaiak, skim-bodyboard, xogos de praia, veladas nocturnas, ruta pola Illa de Arousa e visita a Vilanova e Vilagarcía.
  • Saída: Domingo 22 de xuño, ás 9:30 horas. Pavillón Municipal de Vedra.
  • Regreso: Domingo 29 de xuño, ás 19:00 horas. Pavillón Municipal de Vedra.
  • Folla de inscrición: Descargar. 

Campamento Xuvenil / Viaxe do Verán (Lisboa, Huelva, Algarve)

  • Cando: Do 16 ao 22 de xullo (7 días e 6 noites).
  • Onde: Pousada de Juventude de Lisboa / Albergue Inturjoven Huelva.
  • Dirixido a: Nados/as no 2007, 2008 e 2009.
  • Prezo: 380 €.
  • Actividades: visitas a Sintra, Lisboa, Huelva, parque nacional de Doñana, Punta Umbría, Palos de la Frontera, Faro, Aquashon Park (Algarve), xornadas de praia, veladas nocturnas…
  • Saída: Mércores 16 de xullo, ás 7:00 horas. Pavillón de Vedra.
  • Regreso: Martes 22 de xullo, pola noite.
  • Folla de inscrición: Descargar.