ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Solicitudes: Do 1 ao 31 de marzo.
Curso escolar: Do 1 de setembro ao 31 de xullo. O mes de agosto permanecerá pechada.
Documentación:
- Alumnado de RENOVACIÓN: Formulario de renovación da praza e declaración de IRPF do último exercicio fiscal de ambos proxenitores (IRPF 2024).
- Alumnado de NOVO INGRESO:
- Formulario de solicitude de praza.
- DNI de ambos proxenitores.
- Libro de familia ou certificado de inscrición do nacemento no Rexistro Civil.
- Declaración de IRPF do último exercicio fiscal de ambos proxenitores (IRPF 2024).
- Acreditación da situación laboral de ambos proxenitores.
- Certificado de padrón colectivo, para familias empadroadas noutro Concello.
- Título de familia numerosa.
- Título de familia monoparental.
- Sentenza de separación, divorcio ou nulidade e documento convenio regulador.
- Xustificante de circunstancias especiais ou excepcionais.
Baremo:
O sistema de admisión respectará o principio de igualdade e non discriminación. Atenderanse as solicitudes coa seguinte orde de prioridade:
- Menores con irmáns e irmás na escola infantil.
- Fillos/as dos/as traballadores/as da escola infantil municipal.
- Fillos/as de empregados municipais do Concello de Vedra.
- Solicitantes de unidades familiares empadroadas no Concello de Vedra, que consten inscritos no padrón municipal de habitantes, con data anterior ao 1 de xaneiro do ano no que se solicita a praza.
- Solicitantes de unidades familiares que, estando empadroadas noutro concello, teñas os seus postos de traballo nunha empresa con sede social ou órgano de administración radicado no Concello de Vedra.
- De existiren prazas vacantes, poderán acceder persoas doutros concellos, sempre e cando acrediten ter quedados excluídos das listas de admitidos/excluídos do seu concello ou que o seu concello non dispoña de servizo.
En cada un dos apartados anteriores as solicitudes serán ordenadas de acordo co baremo establecido. Aplicarase o mesmo baremo que o aprobado e publicado cada ano pola Xunta de Galicia para as escolas infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede de escolas infantís da Galiña Azul).
Lugares de presentación das solicitudes:
- Sede electrónica do Concello de Vedra: PREME AQUÍ
- Presencialmente, no Rexistro Xeral do Concello de Vedra, en horario de 9 a 14 horas.
- En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 (PACAP)
Máis información:
- Regulamento de réxime interno (BOP A Coruña núm. 249, do 27.12.2024)
- Ordenanza fiscal (BOP A Coruña núm. 36, do 24.02.2021 e núm. 185, do 25.09.2024).
- Departamento de servizos sociais comunitarios: 981 81 46 93