EIM VEDRA. CURSO 24/25

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O NOVO INGRESO OU RENOVACIÓN DA PRAZA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE VEDRA!

Dende o 16 ATA O 31 DE MARZO, ambos incluídos.

NON se poderán presentar solicitudes fóra do prazo ordinario establecido, salvo nos casos excepcionais previstos no Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal, coa debida xustificación.

  • Lugar de presentación das solicitudes:
  • Sede Electrónica do Concello de Vedra mediante uso de certificado dixital, firma electrónica ou DNI electrónico: PREME AQUÍ
  • Presencialmente, no Rexistro Xeral ou no Departamento de Servizos Sociais do Concello, PREVIA CITA, solicitada a través dalgún dos seguintes medios:
    • Enlace de cita previa: PREME AQUÍ
    • Teléfono: 981 81 46 93 ou 981 81 46 12
  • Documentación necesaria:
  • RENOVACIÓN DE PRAZA: Declaración de IRPF do exercicio 2022 ou certificado de rendas de ambos proxenitores. Pódese descargar dito certificado a través d seguinte ligazón da páxina web da Axencia tributaria: PREME AQUÍ
  • NOVO INGRESO:
  • Copia do DNI de ambos proxenitores.
  • Copia do libro de familia ou certificado de nacemento do menor.
  • Declaración de IRPF do exercicio 2022 de ambos proxenitores ou certificado de rendas.
  • Copia da última nómina de ambos proxenitores ou pago do recibo de pago de autónomos, certificado de desemprego do SEPE, de pensión, etc.
  • Certificado de empadroamento colectivo (en caso de NON estar empadroado no Concello de Vedra).
  • Outra documentación, no seu caso: Título de familia numerosa, título de familia monoparental, sentenza de divorcio ou separación, certificado de discapacidade, dependencia, e outras circunstancias acreditativas de situacións susceptibles de baremación.** Para máis información:
  • Regulamento de réxime interno da Escola infantil municipal de Vedra (BOP A Coruña núm. 179, do 26.10.2020):
  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de atención da escola infantil municipal (BOP A Coruña núm. 36, do 24.02.2021): PREME AQUÍ
    • Por teléfono: No 981 81 46 93 ou no 981 81 46 12