EXPOSICIÓN EN VEDRA "O PICO SACRO NO CÓDICE CALIXTINO"

Vedra recibe a exposción itinerante do Concello de Boqueixón: “O PICO SACRO NO CÓDICE CALIXTINO”

DATAS: Do 21 ao 26 de setembro

LUGAR: Na Casa das Artes

HORARIOS: Martes 21, xoves 23 e sábado 25 de 18 a 20 horas

** Posibilidade de visitas para grupos no teléfono 981 814 691

Exposición que pon en valor e dá a coñecer a parte máis lendaria do Pico Sacro. Nela recóllense os escaneamentos do Códice Calixtino onde se narra a lenda da Raíña Lupa que explica á súa vez a translación do Corpo do Apóstolo Santiago e os máxicos feitos acontecidos no Pico Sacro.