Instalación caldeira de biomasa

O Concello de Vedra vén de instalar unha caldeira de biomasa no edificio do antigo centro de saúde de Santa Cruz de Ribadulla, con cargo ao programa de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, convocado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).